[Xornada] Fagamos contas. 35 anos de autonomía, como nos foi?

[Xornada] Fagamos contas. 35 anos de autonomía, como nos foi?

FACER AS CONTAS
Facermos as contas, cos datos na man, do que supuxo e do que supón para a Galiza a dependencia política do Estado español. Facermos as contas dos resultados do período autonómico e das decisións que, impostas na maioría dos casos desde instancias superiores ao escaso autogoberno co que contamos, influíron decisivamente na nosa perda de capacidade produtiva, na mingua demográfica, nos desequilibrios territoriais ou na progresiva minorización da lingua e da cultura propias.
Teñen causa última estes problemas nun mal goberno atribuíbel aos sucesivos gobernos autonómicos da dereita, na subordinación política ao Estado español e ao deseño que este garda para a Galiza, en ambos os dous combinados? Cabe algún futuro para a Galiza de seguirmos neste marco? Que proposta de país e de futuro debe pór enriba da mesa o nacionalismo no actual contexto de crise sistémica?

Coa xornada Fagamos Contas, organizada pola Fundación Galiza Sempre, poñemos en marcha un traballo colectivo de balance do que supuxeron para a Galiza a dependencia política e o modelo autonómico, con base na análise dos seus resultados. Nesta ocasión serán cinco mesas temáticas e dez relatorios os que abordarán esta cuestión, que terá continuidade ao longo do vindeiro 2015.

Xavier Campos
Director-Xerente da Fundación Galiza Sempre

Sábado, 13 de decembro. Salón de actos do Pazo de San Marcos. Lugo
PROGRAMA

10h30. Presentación e benvida
Mario Outeiro, deputado polo BNG e delegado da área de cultura e turismo da Deputación de Lugo
Guillerme Vázquez, presidente da Fundación Galiza Sempre

11h00. Bloque de traballo 1
TERRITORIO E DEMOGRAFÍA
Contidos: Estrutura provincial caduca e contraria á realidade galega. Ausencia de principios de ordenación territorial. Desequilibrios poboacionais internos. Lóxica urbanística da xestión do territorio. Problemáticas específicas da costa e do rural. Afundimento demográfico e causalidade económica do proceso. Avellentamento e despoboación do rural. Emigración xuvenil.

Mª Dolores Puga. Científica Titular do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Sociais e Científicas (CSIC)
Rubén Lois. Catedrático de Análise Xeográfica Rexional e Coordinador do GI-1871 (Grupo ANTE – Análise Territorial) da USC

12h00. Bloque de traballo 2
AUTOGOBERNO
Contidos: Autonomía tutelada. Limitacións do desenvolvemento competencial. Ausencia de proxecto de país. “Rexionalización” de Galiza. Recentralización do Estado e papel da UE.

Alba Nogueira. Profesora Titular de Dereito Administrativo. Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da USC
Heriberto Cairo. Decano da facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid

13h00. Bloque de traballo 3 
ECONOMÍA E INDUSTRIA
Contidos: Dependencia orzamentaria da Xunta e sometemento aos criterios de política económica de Bruxelas e Madrid. Ausencia de sector público galego e de axencia tributaria propia. Control e tutelaxe da UE e do BCE. Balanzas fiscais Galiza-España.

Mar Pérez. Profesora Contratada Doutora: Área Economía, Socioloxía e Política Agraria da Escola Politécnica Superior de Lugo. Departamento de Economía Aplicada da USC
Joám L. Facal. Enxeñeiro Industrial Superior e Economista

16h00. Bloque de traballo 4 
BENESTAR
Contidos: O finanzamento do campo social. Situación dos sistemas públicos galegos de ensino e da sanidade. A igualdade. A dependencia. O papel dos concellos como dispensadores de servizos sociais.

Victoria Iglesias. Coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres
Luís Villares. Maxistrado-xuíz no Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo. Coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia

17h00. Bloque de traballo 5 
LINGUA E CULTURA
Contidos: Evolución sociolingüística. Balance dos modelos impostos pola Xunta no ensino vs. “inmersión” lingüística. Situación do galego no resto de campos (económico, asociativo, mediático, mocidade, …). Eficacia do discurso do nacionalismo sobre a lingua. Febleza estrutural do sistema cultural galego. Políticas de fomento das diferentes dimensións da cultura. Ausencia de espazo galego de comunicación e cultura.

Nel Vidal.Técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo. Presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Mercedes Queixas. É licenciada en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña, e exerce actualmente a docencia no CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, labor que compaxina coas funcións de secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

18h00. Clausura
Xavier Campos, director – xerente da Fundación Galiza Sempre

Organiza: Fundación Galiza Sempre
Colabora: Área de Cutlura e Turismo da Deputación de Lugo