A responsábel das relacións coa UE do Sinn Féin de Irlanda do Norte está estes días de visita no país para participar na xornada organizada pola Fundación Galiza Sempre Conflitos territoriais de soberanía en Europa.
Mañá xoves 19 de maio ás 20h participará nun encontro aberto na Coruña no que estará acompañada da portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o Portavoz Municipal do BNG da Coruña, Francisco Jorquera. Anderson fará un achegamento aos resultados electorais de Irlanda do Norte e os desafíos de futuro no proceso de unificación da Irlanda.
Non perdas a oportunidade de escoitala e achégate ao local comarcal do BNG da Coruña (rúa Damas, 4).