“Un dos problemas non resolvidos na Europa é o lugar das nacións sen estado” | Fonoteca FGS

“Un dos problemas non resolvidos na Europa é o lugar das nacións sen estado” | Fonoteca FGS

Miguel Portas, o eurodeputado polo Bloco de Esquerda falecido o pasado mes de abril, destacaba en 2004 unha das grandes eivas do actual proxecto europeo: “Un dos problemas non resolvidos na Europa é o lugar das nacións sen estado”.

Facíao nas xornadas “A nova Europa: medra o mercado, agardan os dereitos” que, organizadas conxuntamente pola Fundación Galiza Sempre e o Bloco de Esquerda, xuntaron en Vigo e no Porto máis de 150 representantes do Bloco e do BNG canda a activistas de movementos sociais de Galiza e Portugal. Discutiase daquela da futura constitución e os debates, obxecto dunha publicación na colección Ideas impresas, contribuíron a denunciar a deriva ultraliberal do proxecto da Unión Europea.

Ao rescatarmos pola súa actualidade este testemuño gravado queremos deixar constancia do noso recoñecemento para a súa traxectoria. Miguel Portas, tamén acreditado xornalista, foi un dos fundadores do Bloco de Esquerda en 1999 e foi elixido eurodeputado por esta formación en 2004 e 2009. Morreu en abril de 2012 aos 53 anos.

ENLACE 9:https://galizasempre.org/fundacion/novas/dos-problemas-non-resolvidos-europa-lugar-das-nacions-sen-estado