Presentación do Grandes Efemérides dedicado a Antolín Faraldo

Presentación do Grandes Efemérides dedicado a Antolín Faraldo

O Nº 9 da colección Grandes Efemérides editada pola Fundación Galiza Sempre está dedicado a Antolín Faraldo co gallo do 200 aniversario do seu nacemento.

Este sábado 17, ás 11:00 horas presentaremos o número na Libraría Biblos de Betanzos. No acto contaremos con:

  • Amelia Sánchez, portavoz do BNG de Betanzos
  • Ana Miranda, vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre e eurodeputada do BNG
  • Henrique del Río, autor do caderno

Ao rematar a presentación dirixiremonos á Praza do Concello para facer un roteiro pola Betanzos de Antolín Faraldo. Da man do estudoso da súa figura, Henrique, visitaremos aqueles lugares de relevancia para Faraldo.

 

*O caderno forma parte da colección Grandes Efemérides de Galiza, a cal recibe o apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña