A colección de cadernos Ideas Impresas editada pola Fundación Galiza Sempre achega un novo número que leva por título Vivas e Libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego.
A través deste novo caderno de formación e análise, a autora, a catedrática en filosofía e pensadora feminista, Carme Adán fai un pequeno percorrido polas contribucións do nacionalismo galego ás políticas públicas feministas de Galiza. Ao longo da obra pon o foco en todo aquilo que atinxe á violencia machista dende unha dimensión lexislativa.
A primeira das presentacións do caderno será o vindeiro mércores 1 de decembro na Libraría Cartabón de Vigo ás 20:30.
A autora estará acompañada pola ex-deputada nas Cortes españolas, Olaia Fernández Davila e Lucía Veciño en representación da Fundación Galiza Sempre.