A colección de cadernos Ideas Impresas editada pola Fundación Galiza Sempre achega un novo número que leva por título Vivas e Libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego.
A través deste novo caderno de formación e análise, a autora, a catedrática en filosofía e pensadora feminista, Carme Adán fai un pequeno percorrido polas contribucións do nacionalismo galego ás políticas públicas feministas de Galiza. Ao longo da obra pon o foco en todo aquilo que atinxe á violencia machista dende unha dimensión lexislativa.
O vindeiro martes 1 de febreiro ás 20h terá lugar a presentación na Casa das Mulleres Xohana Torres. A autora estará acompañada pola Concelleira de Igualdade de Oroso, Isabel Fenández e Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG en Compostela.
*As asistentes poderán levar de agasallo un exemplar do caderno.