O vindeiro xoves 30 de decembro presentaremos en Ferrol o último número da colección de cadernos Ideas Impresas, Saúde Sexual e reprodutiva. O caso galego.
Este número é unha colaboración que a Fundación Galiza Sempre tivo o pracer de realizar coa Marcha Mundial das Mulleres. Trátase dun monográfico dedicado á loita pola despenalización do aborto na Galiza. Nas páxinas que o compoñen, a MMM fai un pequeno percorrido histórico recollendo as contribucións que o movemento feminista fixo ás políticas de saúde sexual e reprodutiva. O documento é a exposición dunha enquisa que a Marcha levou a cabo en 2022 sobre saude sexual e o dereito ao aborto para coñecer as sensibilidades e experiencias das galegas arredor desta cuestión.
A presentación terá lugar no Centro Cívico de Canido ás 19h
*O caderno forma parte da colección Ideas Impresas, a cal recibe o apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.