A Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Asociación Terra de Outes presenta o venres 10 de xuño na Serra de Outes o caderno nº5 da súa colección Ideas Impresas. Neste número o autor, Francisco Abeijón recolle o roubo e a impunidade do conflito cando se cumpren 100 anos desde a inscrición da illa no Rexistro Municipal de Outes a favor de particulares.
Neste pequeno traballo desde a FGS pretendemos socializar as décadas de batallas xudiciais, políticas e sociais, xa que a loita pola devolución da Creba non se fundamenta só nunha cuestión sentimental. Vai moito alé do emocional, aínda que unha loita tan longa e que afecta a tantas xeracións, tamén conmove no plano humano. Mais tamén afecta na cuestión económica, no xurídico e no ambiental.
O venres 10 na Casa da Cultura de Outes ás 20h, presentaremos este humilde traballo que pretende ser o inicio dunha campaña social pola recuperación do uso público da Illa da Creba. No acto participarán: