Presentación do caderno ’80 anos do Sempre en Galiza’ en Ferrol

Presentación do caderno ’80 anos do Sempre en Galiza’ en Ferrol

Con motivo do 80 aniversario da saída do prelo da primeira edición do Sempre en Galiza, a Fundación Galiza Sempre editou un novo número da colección Grandes Efemérides de Galiza dedicado a publicación da obra. Desta volta fíxoo da man dun dos maiores estudosos de Castelao e da súa obra, Manuel Rei Romeu.

O Sempre en Galiza é a obra máis importante do nacionalismo galego, e desde o padroado da FGS entendíamos que tiña unha importancia vital traer ao presente o seu corpus teórico para abordar a súa vixencia. Neste senso, en colaboración coa A.C Medulio presentaremos a publicación o vindeiro martes 30 de abril ás 20 horas no Antigo Hospicio de Ferrol

No acto contaremos con Elia Rico, presidenta da A.C Medulio e co autor da publicación, Manuel Rei.

O documento pode conseguirse en formato físico en calquera presentación ou descargalo na seguinte ligazón:

https://www.bng.gal/media/bnggaliza/files/2024/03/10/80SempreEnGaliza_def.pdf