O Fòrum Soberanista, estapazo que recolle máis de 20 fundacións da esquerda soberanista, reúnese en Iruñea o 3,4 e 5 de xuño.
A reunión do Plenario do Fòrum celebrarase o sábado 4 de xuño, entre as 9:30 e as 20:00. Nel porase en común os diagnósticos que desde os diferentes soberanismos do estado se establecen en relación á evolución do estado español, entre outras cuestións.
Así mesmo, a Fundación Iratzar e o Fòrum Soberanista organizan un debate aberto ao público no que participarán: Olalla Rodil (Deputada no Parlamento Galego do BNG), Mertxe Aizpurua (Deputada nas Cortes Xerais de EH Bildu), David Fernández Xornalista e ex deputado da CUP) e Gemma Ubasart (Politóloga). O debate celebrarase o día 3 de xuño, ás 19h na Libraría Katakrak de Iruña.
O domingo 5 de xuño, as e os representantes das distintas fundacións irán á localidade de Amaiur, para asistir ao acto de conmemoración organizado por Nafarroa berriz altxa!, no lugar no que se conmemora a defensa contra a conquista do Reino de Navarra no seu 500 Aniversario.