#FranquismoPostFranco

#FranquismoPostFranco
Entre a segunda e terza feira da vindeira semana, a nosa vicepresidenta e portavoz do BNG en Bruselas, Ana Miranda leva a debate, o #FranquismoPostFranco no Parlamento Europeo.

Denunciar o espolio do Pazo de Meirás, a represión sobre as nazóns e Pobos, a impunidade vixente e os ataques á liberdade de expresión serán os temas dos diferentes paneis compostos por investigadoras, historiadoras, xornalistas, eurodiputad@s e deputad@s, entidades e coletivos da memoria histórica.

Na Fundación Galiza Sempre estamos traballando arreo nesta liña que terá como resultado o lanzamento a finais deste mes do volume MEIRÁS, UN PAZO, UN CAUDILLO, UN ESPOLIO escrito por Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo e que consitúe un fondo traballo de investigación que documenta feitos, arredor dunha edificación que é, probabelmente a día de hoxe, unha das imaxes máis representativas do franquismo do noso país.