Conferencia: Cara onde vai Cuba?

Conferencia: Cara onde vai Cuba?

Alén da súa indudable trascendencia histórica e dos múltiples exemplos de dignidade, antiimperialismo e solidariedade ofrecidos polo proceso revolucionario cubano nos seus 50 anos de historia, a actualidade depara novos interrogantes: as mudanzas económicas introducidas polo goberno de Raúl Castro, as diferentes expectativas de reformas políticas ou a persistencia do embargo polos EEUU son só algunhas das cuestións que preocupan a todas as persoas interesadas no futuro da illa.

Galiza Sempre aproveita a presenza en Galiza de Luís Morgote, deputado na Asemblea Nacional Popular da illa, e Alberto Betancourt, Vicepresidente da Asociación Nacional de Economistas de Cuba, para organizar unha conferencia na que coñecer de primeira man a situación actual do pobo cubano e as súas expectativas.

Cara onde vai Cuba?
MARTES 26 DE XUÑO | 20h
Biblioteca Ánxel Casal. Avda. Xoán XXIII
Santiago de Compostela