A próxima semana Mar de Lumes e a Fundación Galiza Sempre organizan unha serie de encontros co xornalista portugués Bruno Carvalho. Bruno estivo cubrindo o conflito durante seis meses desde o Donbass, traballando como corresponsal para diversos medios, entre eles, Nós Diario.
Os encontros enmárcase dentro do ciclo de conferencias Diálogos desde a Periferia que a FGS xa ten consolidado como ferramenta para traer á Galiza distintas realidades do panorama internacional. Nos actos, o xornalista abordará a cobertura mediática, a propaganda de guerra e o día a día dos civís no Donbass desde a súa experiencia persoal.
A través destas palestra preténdese romper o bloqueo mediático e as manipulacións establecidas arredor da guerra no Donbass, contando coa colaboración da directora e subdirector de Nós Diario.
O calendario de actos será: