Este xoves 15 de maio, ás 13h, a Fundación Galiza Sempre presentará na biblioteca Ánxel Casal en Compostela a publicación on line “O escano galego no Parlamento Europeo” un relatorio sobre a participación de Ana Miranda como eurodeputada do BNG na pasada lexislatura.
Será un acto aberto, plural e reinvindicativo onde estarán representados sectores económicos, movementos e colectivos sociais aos que o BNG deu, e seguirá dando, voz en Bruselas.