A Fundación Galiza Sempre e a Asociación Galiza Por Palestina, organizan en colaboración coa Fundación Araguaney o acto A segunda Nakba palestina: o proceso de paz dentro do ciclo Diálogos desde a Periferia. Desta volta teremos como convidado ao activista e escritor palestino, Mohamed Safa.
O encontro terá lugar o martes 10 de maio ás 20h no Hotel Eurostars Araguaney (Santiago de Compostela). No acto intervirá Ánxela Gippini, en representación de Galiza por Palestina e Ana Miranda como vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre.
Mohamed Safa é palestino, médico oftalmólogo de profesión en Cee e un incansábel activistas dos dereitos do pobo palestino. Safa impulsou e participou en numerosas iniciativas culturais e políticas destinadas a dar visibilidade á causa palestina en Galiza. O seu activismo tamén se materializou en diversos artigos e conferencias,a si como na publicación de varios libros, entre eles: Palestina, un berro pola liberdade e A Revolución Árabe. Democracia, nacionalismo e relixión.