O próximo martes 18 de maio, no marco do Día das Letras Galegas a Fundación Galiza Sempre organiza na sede da ONCE (A Coruña) un acto que leva por título A lingua, 40 anos despois do estatuto de oficialidade.
Con Pepa Baamonde, mestra de Rois expedientada en 1980 por dar aulas en galego, Monti Castiñeiras, actor de dobraxe galega e Antía Yáñez, escritora en lingua galega faremos un percorrido interxeracional sobre a evolución do galego durante estes 40 anos.
A maiores contaremos con Mercedes Queixas, deputada do BNG no Parlamento Galego e a moderación do acto a través do youtubeiro Carlos García Vieito.
Por cuestións de aforo é preciso inscribirse na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfvDt6jC1foArUczWl0HKuQ2ZFbxbD80S_lXU2N_tTMik5AMA/viewform