No día de hoxe a Iniciativa Defende Meirás anunciou unha campaña para esixir á Xunta de Galiza que protexa os bens móbeis do Pazo de Meirás baixo o paraugas do BIC.
A IGM anunciou que poñerá a disposición do movemento memorialístico do país e de toda a cidadanía un modelo de instancia dirixida ao Conselleiro de Cultura para que actúe de maneira urxente diante do risco, que segue vivo, de que os Franco empecen a retirar bens de Meirás.
Ademáis deron a coñecer a convocatoria dunha movilización que terá lugar o próximo sábado 19 de xuño en Meirás e seguirá insistindo na apertura inmediata do Pazo ao público tal e como se comprometeu o Goberno do Estado.