Pensares galegos. Mulleres decisivas

Presentación

Quixemos pórlle cara e darlle voz a decisións, esforzos e pensamentos galegos con nome de muller; agrupar un patrimonio humano, decisivo na Galiza contemporánea, para difundilo e contribuír ao seu recoñecemento. Porque os avances cara á igualdade escríbense con nome e apelidos e hai nestas páxinas datos e ideas dabondo para confirmar talentos por veces infravalorados pola súa condición feminina e argumentos elocuentes para que homes e mulleres combatamos as discriminacións que nos manteñen afastados da igualdade real.

As personalidades da recente vida sociopolítica galega non se esgotan na nosa escolma, feita desde o nacionalismo co ánimo de alentar a visibilidade social das mulleres con responsabilidades públicas resaltando, ao tempo, a súa condición de escandalosa minoría nos ámbitos de poder. Sabemos que, como en toda escolla, deixamos xente fóra mais confiamos en que as traxectorias recollidas sirvan de estímulo e exemplo para quen queira nadar contracorrente, nesta e noutras causas a prol da liberdade, da igualdade e da fraternidade entre pobos e entre seres humanos.

Para ese obxectivo poden servir tamén as ideas que nos prestan algunhas protagonistas deste libro, escritos agrupados sen un plan previo, escollidos libremente polas autoras, que deron finalmente nuns pensares galegos cheos de sabedoría e alento libertario. Quede constanza do noso agradecemento a todas as mulleres reseñadas pola súa colaboración e da nosa intención explícita de suscitar iniciativas que procuren os mesmos fins nos máis diversos sectores políticos, sociais e culturais da nación galega.

Despois das difíciles tres décadas recollidas nestas páxinas, o novo ciclo político aberto co resultado das recentes eleccións autonómicas debera facer máis doada a participación e a presenza de mulleres nas tomas de decisión sobre os asuntos públicos.

Fundación Galiza Sempre
Xuño de 2005

Índice

  • Introdución. Margarida Vázquez Veras
  • Limiar. Carme Adán
  • Pensares galegos
    • Alternativas feministas para un desenvolvemento sostíbel. Lidia Senra
    • Éra-se unha vez. Pilar Garcia Negro
    • A Europa merecente dun si. Encarna Otero
    • Ritos de sangue. María Xosé Queizán
    • Xénero e teorías da xustiza. María Xosé Agra
    • A muller na cultura, historia dunha exclusión. Nanina Santos Castroviejo
    • As contas das mulleres. Encarna Otero
    • Elas. Nanina Santos Castroviejo
    • Participación das mulleres na pesca actual. Forza laboral e papel económico. Maria do Carme Garcia Negro
    • Palabra de mulleres. María Xosé Porteiro
    • Lesbianismo e creación. María Xosé Queizán
    • O corpo como documento. Margarita Ledo
    • Danme náuseas!. Nanina Santos Castroviejo
    • A prostitución. María Xosé Queizán
    • Preocupacións encol do feminismo. Nanina Santos Castroviejo
  • Mulleres decisivas
    • María Xosé Agra Romero
    • Salomé Álvarez Blanco
    • Carmen Avendaño Otero
    • Carmen Blanco García
    • Olaia Fernández Davila
    • Ana Gandón Menduiña
    • Maria do Carme Garcia Negro
    • Maria Pilar Garcia Negro
    • Margarita Ledo Andión
    • Aurora Marco López
    • Encarna Otero Cepeda
    • María Xosé Porteiro García
    • María Xosé Queizán
    • María Xesús Sainz García
    • Lidia Senra Rodríguez
    • Nanina Santos Castroviejo
    • Elvira Souto Presedo
  • As mulleres no primeiro nacionalismo galego. Encarna Otero
  • Primeiras deputadas galegas
  • Mulleres no goberno galego