(…) Por tanto, calquer muller que hoxe queira entrar en política ten que facer unha tripla herexia. Aparentemente non. O politicamente correcto cambiou moito e hoxe ninguén, en público e formalmente, ousa dicer o contrário pero, de feito, na corrente subterránea moito máis inconsciente na que nos movemos cada dia na interacción, todas esas ideas seguen vivas. E unha muller que queira entrar na política ou queira realmente levar á sua vida cotiá a idea de que non naceu para obedecer, ten-se que enfrontar simultaneamente a tres ordes de normas (…)
Mª Ángeles Durán, Catedrática de Socioloxía e Profesora de Investigación no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), pronunciou esta conferencia na apertura do Seminario: Mulleres e Políticas Públicas organizado en 2002 pola Fundación Galiza Sempre.