Obxectivos

Obxectivos

A fundación ten por obxecto:

  1. a) O fomento e realización de actividades culturais que teñan por fin o estudo e desenvolvemento do pensamento político, social, económico e cultural de Galiza.
  2. b) Difundir o pensamento político de aquelas persoas e entidades que traballan, dentro da legalidade vixente, pola consecución da soberanía da nación galega, o progreso social e o afondamento da democracia na perspectiva de acadar unha sociedade galega e mundial máis libre, xusta e solidaria.
  3. c) Promover o coñecemento na sociedade da personalidade nacional de Galiza e da súa historia impulsando o seu estudo e a súa proxección pública.
  4. d) Afondar no coñecemento da realidade galega na súa dimensión política, social, cultural e económica.
  5. e) Aumentar a formación política e a participación dos cidadáns e cidadás, afondar no debate político e impulsar a sensibilización e concienciación da sociedade sobre a realidade e problemáticas propias da nación galega, e a visión do mundo desde unha perspectiva nacional galega.
  6. f) Impulsar e divulgar iniciativas de intercambio e cooperación exterior para contribuír á xustiza e á equidade nas relacións comerciais, políticas e estratéxicas entre os pobos da comunidade internacional.