Dirixido por Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Xapata o traballo reúne por vez primeira aos máis destacados especialistas e protagonistas na traxectoria do nacionalismo galego. A obra basease fundamentalmente nos testemuños das 27 persoas entrevistadas, directamente relacionadas coa traxectoria do galeguismo político: historiadores, teóricos, sindicalistas, políticos e intelectuais. A pluralidade de puntos de vista recollidos nunha única obra é un dos méritos da produción.
Máis de 30 horas de gravación deron finalmente en algo máis de hora e media na que interveñen, entre outros, Xusto Beramendi, Xosé Manuel Beiras, F. Fernández del Riego, Camilo Nogueira, Margarita Ledo, Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Pilar García Negro, X.L. Méndez Ferrin, Bautista Álvarez, Lidia Senra, Francisco Rodríguez, Anxo Quintana, Antón Moreda, Encarna Otero ou Xose Ramón Barreiro.
Con esta iniciativa preténdese divulgar a recente historia sociopolítica do País e as achegas do nacionalismo galego ao avanzo da democracia e as libertades. O documental recibiu o apoio da Deputación da Coruña, da Consellería de Cultura e da Televisión de Galicia.
Para adquirir o DVD dirixirse á Fundación Galiza Sempre. Enviase contrareembolso de 10€.
Con testemuños de: Xusto Beramendi | Xosé Manuel Beiras | F. Fernández del Riego | Camilo Nogueira | Manuel Mera | Margarita Ledo |Avelino Pousa Antelo | Isaac Díaz Pardo | Manolo Caamaño | Ma Pilar García Negro | X. L. Méndez Ferrín | Francisco Rodríguez | Elvira Souto | Lois Diéguez | Encarna Otero | Bautista Álvarez | Lidia Senra | Xesús Veiga | Alfredo Suárez Canal | Anxela Bugallo | Anxo Quintana | Fernando Acuña | Ana Pontón | Antón Moreda | X. Manuel Nuñez Seixas | Carlos Velasco | Xose Ramón Barreiro Guión: Comba Campoy | Xabier Macías Asesoramento histórico: Xusto Beramendi Produción: Laura Zapata | Tania Ameneiro Imaxe: Justo Guisasola Son: Roi Gil Montaxe: Vanesa Amoedo Música: Piti Sanz e Anxo Graña Produción executiva: Xosé Zapata | Xabier Macías Dirección: Xabier Macías | Comba Campoy | Xosé Zapata