A Fundación Galiza Sempre participa na xornada “Terra, Mar, Xente. Defensa do territorio: unha chamada urxente á sustentabilidade territorial, medioambiental, social e económica” que se celebrará o 11 de maio en Compostela coorganizada co grupo EFA-Verdes e o BNG. Consulta o programa:
Data: 11 maio 2013, 10.00-19.00 horas.
Lugar: Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. Parque de Vista Alegre, Rúa Salvadas. Santiago de Compostela.
Organiza: BNG, Fundación Galiza Sempre e Os Verdes (Alianza Libre Europea)
10.00: Inauguración
– Ana Miranda, Eurodeputada do BNG.
– Xesús Veiga, Presidente da Fundación Galiza Sempre.
– Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG.
A TERRA
10.30-11.30: Conservación, xestión e protección dos Espazos Naturais e da Biodiversidade
Modera: Ana Pontón, Deputada responsable de medio ambiente do BNG no Parlamento galego
Participantes:
– Daniel López Vispo, Profesor. Membro de Adega.
– Fins Eirexas, Responsable de enerxía e cambio climático de Adega.
– Alfredo López. Membro de CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños).
Debate: Conclusión e propostas.
11.30-12.30: Desenvolvemento rural, política forestal, transxénicos
Modera: Tereixa Paz, Deputada do BNG, responsable de agricultura no Parlamento galego.
Participantes:
– Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
– Xurxo Álvarez, Presidente de Federación Rural Galega (FRUGA).
– Analía Moares Lameiro. Amigos da Terra Galicia. entidade integrada na Plataforma Galega Antitransxénicos.
– Colectivos Fragas do Eume.
– Miguel Méndez. Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Debate: Conclusión e propostas
12.30-13.30: Problemática da minería en Galiza
Modera: Carme Adán, portavoz de Industria do BNG no Parlamento galego.
Participantes:
– Anxo Calvo, director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza 2005-2009.
– Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, experta en dereito medioambiental.
– Pedro Alonso Iglesias, ecoloxista, biólogo, consultor medio ambiental.
– Francisco García Trigo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
Debate: Conclusión e propostas
13.30-14-30: Pausa para xantar
A AUGA
15.00-16.30: Saneamento integral do litoral mariño e dos ríos, xestión e protección das costas e espazos fluviais.
Modera: Ana Miranda, eurodeputada do BNG
Participantes
– Luis Rodríguez, presidente Asoar-Armega de pesca artesanal e marisqueo.
– Serxio Regueira, Presidente da Plataforma Saneamento Ria de Vigo.
– Manuel Cao, Patrón Maior Confraría de A Coruña-Plataforma Saneamento da Ría do Burgo.
– Joam Luis Ferreiro Caramés, Biólogo da Confraría de Barallobre.
– Antón Masa. Plataforma Defensa Ría de Pontevedra.
Debate: Conclusión e propostas.
A XENTE
16.00-17.30: Xestión de residuos: situación actual, Iniciativa Lexislativa Popular, alternativas á incineración e outras experiencias de fóra de Galiza.
Modera: Mar Vila, membro da Executiva nacional do BNG.
Participantes:
– Manuel Soto Castiñeiras, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña.
– Marta Domínguez, técnico de proceso do Complexo Medio ambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.
– Joan Marc Simon, director executivo de Zero Waste Europa.
– Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa.
Debate: Conclusión e propostas.
17.30: Proxección do filme Trashed, producido por Jeremy Irons, que aborda o problema da xestión de residuos a nivel planetario.
19.30: Clausura da xornada
– Ruben Cela: Portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela
– Tania Ameneiro: Coordinadora Técnica da Fundación Galiza Sempre