O próximo xoves 2 de novembro ás 19 horas na Casa do Taberneiro a Fundación Galiza Sempre organiza xunto co Espazo Clara Corbelhe unha conversa entre os historiadores e membros do Consello de Redacción do mesmo, Daniela Ferrández e Antom Santos e o sociólogo portorriqueño, Ramón Grosfoguel.
O encontro leva por título Soberanía e Xeopolítica e enmárcase dentro do ciclo Dialogos desde a Periferia, no que a FGS ten a vontade de achegar referencias do ámbito internacional, da esquerda, do soberanismo e dos movementos emancipatorios á Galiza. Particularmente con este diálogo pretendemos abordar a cuestión nacional galega, a autodeterminación post-colonial ou as hipóteses dun proceso independentista a día de hoxe.