O 25 e 26 de setembro cúmprense 30 anos da fundación do Bloque Nacionalista Galego. Na Biblioteca Dixital sobre Movementos Nacionalistas en Europa (DILINAME), un proxecto da Fundación Galiza Sempre e o Centre Maurits Coppieters, atoparás o documento programático aprobado na asemblea fundacional do BNG celebrada en Riazor (A Coruña). (versións descargables en galego e inglés)
(Na imaxe, cartel da II Asemblea do BNG celebrada en 1984)