Presentación na Coruña de “A necesidade de termos un feminismo galego propio”.

Presentación na Coruña de “A necesidade de termos un feminismo galego propio”.

O vindeiro luns 14 de marzo ás 19:30 terá lugar na A.C Alexandre Bóveda a presentación do caderno A necesidade de termos un feminismo galego, a última obra que se suma á colección Ideas Impresas da Fundación Galiza Sempre.

Margarida Corral recolle neste exemplar un argumentario para facilitar o entendemento do contexto no que participaron moitas das feministas actuais, froito da experiencia persoal e colectiva dunha militante nacionalista e feminista do norte do país, e que desenvolve a súa actividade no sindicalismo.

No acto de presentación estará acompañando a autora Vitoria Louro, activista histórica do movemento feminista en Galiza e responsábel de Acción Feminista da comarca da Coruña.

Cada persoa que acuda ao acto poderá levar un exemplar do caderno, mais lembra que é recomendábel inscribirse no correo da A.C Alexandre Bóveda: acab@mundo-r.com