Presentación en Vilagarcía do caderno O ferrocarril en Galiza

Presentación en Vilagarcía do caderno O ferrocarril en Galiza

A Fundación Galiza Sempre continúa coa xeira de presentacións do monográfico sobre as infraestruturas ferroviarias na Galiza. A próxima delas será o vindeiro xoves 19 de outubro no Auditorio de Vilagarcía ás 20h. O informe realizado polos xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela, Mateo Varela, Miguel Pazos e Rubén Lois recolle unha análise sobre a historia, a situación actual e as perspectivas de futuro da rede ferroviaria galega.

O acto contará coa deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, o deputado no Congreso, Néstor Rego e Miguel Pazos, un dos coautores da elaboración do informe.

O informe é unha contribución elaborado desde un punto de vista académico e técnico para a creación dunha alternativa seria e ambiciosa de dotar a Galiza dunha rede ferroviaria a altura do século XXI. Na presentación poderás facerte cun exemplar do caderno, mais polo momento podes consultalo nunha versión en liña no repositorio Minerva da USC:

https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/30991

Esta colección conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña