A Fundación Galiza Sempre colabora coa Asociación Socio-Pedagóxica de Galiza na difusión do último libro do historiador e ensaísta, Francisco Rodríguez.
A presentación nacional que tivo lugar o pasado mércores 9 de febreiro nos salóns do Museo do Pobo Galego foi todo un éxito. Na tarde de hoxe, luns 14 de febreiro, estaremos en Ferrol, na Capela Torrente Ballester. Nun acto no que o autor, Francisco Rodríguez, estará acompañado por:
Este libro sobre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a crise da segunda metade do século XIV responde a un afán por combater a ignorancia colectiva sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións sobre el. É, en certa maneira, un traballo a favor da saúde mental colectiva da sociedade galega. Xurdiu da necesidade de colaborar a un coñecemento sobre a nosa historia, entre os séculos VIII e XIV, radicalmente confrontada coa ocultación e terxiversación do oficial dominante. É, pois, unha visión crítica do estado da cuestión e unha proclama a favor de descubrir o oculto ou manipulado. O autor faino, analizando, debatendo e tirando conclusións, desde a historiografía oficial e cadémica e desde as fontes documentais existentes. Tamén desde a importante, malia ser desconsiderada, con frecuencia, historiografía que se ten esforzado, xa desde o século XIX, por combater a manipulación que levou a ignorar a existencia relevante do reino de Galiza e a eliminarnos como realidade política específica na Península, para así mellor construír unha visión histórica ao servizo do castelanismo, primeiro, e dos españolismo, despois.
Este Tomo I céntrase en evidenciar esa relevancia incuestionábel, para logo (Tomo II) entrar na análise dun momento estelar e conflitivo, segunda metade do século XIV, cuxo desenlace tivo transcendencia para o noso futuro.