A Fundación Galiza Sempre presenta o vindeiro mércores 25 de outubro o filme documentario Xove, democracia nuclear. A obra, que recolle a loita das veciñas e veciños da comarca da Mariña contra a central nuclear de Xove na década dos anos 70, proxectarase ás 19:30 no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.
Xove, democracia nuclear é un filme dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo e nel participan militantes históricos do nacionalismo e veciñas e veciños da comarca da Mariña que xogaron un papel vital na oposición á central nuclear. Un deles, Francisco Luís R. Guerreiro será o encargado de guiar o coloquio posterior á proxección do documentario.
A entrada é de balde até completar o aforo.