O próximo xoves 25 ás 20:00 presentamos no Museo de Pontevedra o caderno Políticas públicas da memoria na Galiza, a terceira das obras que compón a colección de Ideas Impresas. Trátase dun caderno de análise no que o seu autor, Luís Bará Torres, fai un repaso das políticas de memoria histórica postas en marcha no país nos últimos anos e a través do cal reivindica a necesidade dunha recuperación real da memoria histórica.
No acto estará acompañado por Montse Fajardo, xornalista, escritora e investigadora cunha ampla experiencia na memoria histórica e de xénero.
*Por mor das limitacións de aforo é imprescindíbel anotarse no seguinte formulario:
http://bit.ly/CadernoMemoria