O Acordo de Gernika para un escenario de paz e solucións democraticas naceu en setembro de 2010 para impulsar a pacificación e normalización política no Pais Basco mediante unha solución integral, democrática, sen perdedores nin perdedoras e dialogada.
O Acordo foi presentado o 6 de xuño de 2012 no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela nun acto presentado por Xesús Veiga, presidente da Fundación Galiza Sempre, no que Andoni Rojo, de Gazte Independistak e Jon Garay, de Herrira explicaron os contidos e a traxectoria deste trascendental pacto que agrupa máis de 70 organizacións sociais e políticas en Euskal Herria.
Na convocatoria de Galiza Sempre estiveron tamén presentes outros representantes do Acordo de Gernika: Niko Moreno, da Esquerda abertzale;
Ibon Rodríguez de Aralar; Alberto Unamunzaga, de Eusko Alkartasuna; Urtzi Ostolozaga Arrien de LAB e Xabier Barber del Rio do sindicato ESK, ademais de dirixentes do BNG e doutras organizacións sindicais e políticas nacionalistas.
A FGS que xa organizou en 2006 a presentación en Galiza de Ahotsak, voces de mulleres para a Paz, prosegue deste xeito o labor de divulgar entre a opinión pública galega os esforzos favorábeis á solución do conflito político basco.