Galiza Sempre promove a presenza da lingua galega nesta importante feira editorial internacional que se celebra en París do 6 ao 9 de febreiro de 2013. Convidado polo Centre Maurits Coppieters (CMC) Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores, participará o 7 de febreiro nunha mesa redonda con representantes de Catalunya, Córcega e Bretaña. O debate xirará sobre o concepto de ´pegada cultural´ e as estratexias de promoción das linguas de nacións sen estado emerxentes no contexto europeo.
Canda Xerais confirmou tamén a súa presenza no stand do CMC a Editorial Kalandraka.
7 de febreiro 15:45 a 17:45
Paris expo. Porte de Versailles. Pavillon 5.2 – Salle Buzz
Participantes:
Günther Dauwen, Secretario do CMC
Paul Molac, deputado na Asemblea francesa
Jordi Baltá, autor do informe Achegas á pegada cultural, editado polo CMC
Mesa redonda:
Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores
Carles Torner, Asociación de escritores en catalán
Antonia Luciani, editora da revista corsa Arritti.
José Ignacio López, membro do Consello Aragonés das Linguas.
O CMC, a fundación europea ligada a ALE que preside Xabier Macías, intégrano 14 entidades sociopolítico-culturais favorábeis ao dereito de autodeterminación. Celebrará en abril a súa asemblea xeral anual.
Máis información: http://www.expolangues.fr