A Fundación Galiza Sempre participa en Paraguai nun irmanamento co Frente Guasú, fronte constituida por 13 partidos políticos de esquerda, no marco do programa de cooperación do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación (MAEC), que lle foi concedido á Fundación ligada ao Bloque Nacionalista Galego. A Fundación Galiza Sempre vai estar representada pola responsable de relacións exteriores no noso padroado e actual Secretaria de Política Internacional do BNG, Ana Miranda.
O Frente Guasú é o principal grupo da oposición en Paraguai, despois do golpe de estado cometido contra o Presidente Fernando Lugo no 2013, no que foi derrocado e no que xa daquela o BNG transmitira solidaridade e apoiara públicamente ao Frente Guasú e ao presidente Fernando Lugo.
A Fundación Galiza Sempre ten un programa de acción exterior que ven desenvolvendo desde hai varios anos e que neste caso, celebra un programa no país guarani, entre os dias 21 a 25 de outubro. O programa iniciase en Asunción o mércores 21 de outubro cunha xuntanza de Ana Miranda coa Secretaria de Relacións Internacionais do Frente Guasú, seguido dun acto público ás 19hs co Presidente da fronte, Fernando Lugo. Ao día seguinte, a representante da Fundación e do BNG asinará un convenio de colaboración entre ambas organizacións co Secretario Xeral da Fronte Guasú, Anibal Carrillo, que vai irmanar a ambas organizacións políticas e ás súas respeitivas fundacións, a Fundación Galiza Sempre e Jerovia-Centro de Promoción da Democracia e os Dereitos Humanos. O día rematará cun acto público de debate conxunto entre ambas fundacións sobre “Galiza-Paraguai pola soberania dos Pobos”. Os días 23 e 24, a nacionalista integrarase na xira nacional de Fernando Lugo na campaña das municipais que se vai celebrar o vindeiro 15 de novembro, para ir ao Departamento rural de San Pedro. Tamén se realizarán xuntanzas con asociacións culturais e de dereitos humanos así como cos familiares da matanza de Curuguaty, que foi unha das causas empregadas como excusa pola dereita e os liberais para derrocar ao presidente Lugo, e que na actualidade están a xuízo co apoio internacional de moitas organizacións de defensa de dereitos humanos do mundo.
O nacionalismo galego, representado pola Fundación Galiza Sempre e o BNG, amosa unha vez máis o internacionalismo de Galiza como nación no mundo e a cooperación solidaria con Pobos irmáns, dende a óptica social, cultural e política que pretenden promover estes acordos de colaboración mutua.