Publicamos en pdf na nosa Biblioteca a intervención do historiador Bernardo Máiz nas Xornadas sobre Franquismo contemporáneo: memoria e secuelas organizadas por Galiza Sempre en 2007. Denunciando o pacto de silenzo da transición, a iniciativa pretendía “reivindicar a memoria dos que fixeron posíbel a chegada da democracia” ao tempo que “indagar nas consecuencias políticas da renuncia a unha verdadeira ruptura democrática coa ditadura”.