O dereito de autodeterminación pertence a todas as nacións sen excepción

O dereito de autodeterminación pertence a todas as nacións sen excepción

Daniel Turp, profesor na Universidade de Montreal e exdeputado no Québec, resumía asi para o Centre Maurits Coppieters a súa visión sobre o dereito de os pobos a “definir libremente o seu estatus político” e a dispór de soberanía sobre “o seu desenvolvemento social, económico e cultural”. Turp asistíu no Parlamento Europeo ao Seminario sobre Autodeterminación e Modelos de Estado organizado o 20 de setembro en Bruxelas pola Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos coa participación da Fundación Galiza Sempre e Ana Miranda, eurodeputada do BNG. En definitiva, conclúe Daniel Turp, “o dereito de autodeterminación é o dereito a elixir”.

Deputado do Parti Québécois de 2003 a 2008 e do Bloc Québécois de 1997 a 2000, Turp é especialista en Dereito internacional e constitucional e autor de obras como: Nós, pobo do Québec, un proxecto de Constitución do Québec (2005) ou O dereito a elixir – Ensaios sobre o dereito de Québec a dispor de si mesmo (2001).

A Fundación Galiza Sempre organizou en 2010 conferencias e encontros políticos con Daniel Turp en Santiago e Lugo e publicou na colección Ideas impresas Québec, unha nación, recollendo os principais resultados dos encontros mantidos nese país en 2003 por Camilo Nogueira, Ana Miranda e Carlos Aymerich con organizacións políticas, académicas e sociais.

Podes ver as súas declaracións no seguinte enlace: http://vimeo.com/50826185