Prezadas amigas,
Logo da boa acollida no acto de presentación oficial do libro Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio continuamos!
Aquí vos deixamos vindeiras datas e eventos nos que podedes falar, debater e analizar cos autores o espolio do Pazo de Meirás.
Como sabedes o libro pódese adquirir nas librarías de todo o país, na loxa BNG ou directamente na sede da FGS, contáctanos!
29 DECEMBRO. 19H00. SALÓN DE ACTOS DA PAXAREIRA. DODRO — En colaboración co BNG de Dodro. Participan: Manuel Pérez Lorenzo, autor do libro e Xoán Bautista Mariño Abuín, portavoz municipal do BNG.
2018_
13 XANEIRO. 19H00. LAR DA CULTURA DO PAÍS. LUGO — En colaboración coa Asociación Cultura do País. Participan: Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, autores do libro, María do Carme García Negro, padroado da Fundación Galiza Sempre e Isabel Rodríguez Mate Vicepresidenta de Cultura do País.
18 XANEIRO. 20H30. LIBRARÍA BAHÍA. FOZ — En colaboración coa Asociación A Pomba do Arco. Participan: Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, autores do libro e Xosé Ramón Ermida, da Asociación Pomba do Arco.
20 XANEIRO. 17H00. LIBRARÍA BIBLOS. BETANZOS — En colaboración coa Asociación María Miramontes, Asociación Cultural Roxín Roxal, BNG Betanzos. Participan: Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, autores do libro e representante das asociacións.
24 XANEIRO. 20H00. ANTIGO HOSPICIO. FERROL– En colaboración coa Sociedade Cultural Medulio. Participan: Carlos Babío Urkidi, autor do libro, Francisco Jorquera Caselas, presidente da Fundación Galiza Sempre e Elia Rico, presidenta da Soc. Cultural Medulio.
25 XANEIRO. 19H30. LIBRARÍA COUCEIRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA — En colaboración coa Agrupación Cultural O Galo. Participan: Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorezo, autores do libro, Ana Miranda Paz, vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre e María Antonia Pérez, presidenta da Agrupación Cultural O Galo.
27 XANEIRO. 19H00. CENTRO SOCIAL A GALLEIRA. OURENSE — En colaboración co Asociación A Galleira. Participan: Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorezo, autores do libro, Ximenza González do C.S. A Galleira.
07 FEBREIRO. 20H00. CASA DA LUZ. PONTEVEDRA — En colaboración co Concello de Pontevedra. Participan: Carlos Babío Urkidi, autor do libro, Luís Bará, deputado do BNG no parlamento galego e Montse Fajardo, xornalista e escritora.