Galiza Sempre organizou no outono de 2007 unhas xornadas sobre o franquismo contemporáneo. Canda a homenaxe ás persoas que fixeron posíbel a chegada da democracia a costa de represión e enormes custos vitais, pretendiase indagar nas consecuencias da renuncia á ruptura coa ditadura por parte das principais forzas políticas e sociais españolas. Como ben denunciou na transición o nacionalismo galego, o franquismo logrou condicionar a restauración da democracia con límites moi precisos en aspectos substanciais do poder e a soberanía no Estado español.
O franquismo non foi derrotado
O actual presidente da Fundación Galiza Sempre, Xesús Veiga, referiase precisamente a estas eivas na súa intervención salientando catro pegadas do franquismo que contaminaron a nova democracia: a non depuración do aparello militar e xudicial; a non inhabilitación do persoal político que colaborara co réxime; as insuficiencias democráticas do texto constitucional e, finalmente, a non reparación das vítimas da ditadura.
Ver vídeo