Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, a obra de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, editada pola Fundación Galiza Sempre chega a súa 4ª edición e a partir desta semana poderá mercarse nas librarías do país e na loxa da páxina web do BNG.
Esta nova edición demostra o éxito dunha obra na que se recolle a documentación atopada en máis de 40 arquivos de institucións públicas e privadas, traballo de campo e memoria oral e que foi vital para desmontar o relato oficial. O libro axudou a rachar definitivamente o envoltorio dese suposto agasallo ao dictador, sacando á luz un espolio que forma parte dunha trama administrativa de corrupción absoluta.
Desde a Fundación Galiza Sempre salientamos a grande acollida que a obra tivo desde a súa primeira edición xa no 2017 coa colaboración da Deputación da Coruña. O feito de ir xa pola 4ª edición non fai máis que ractificar a importancia que esta obra constitúe para a restauración da memoria histórica do país.
A investigación e o asesoramento de Babío e Pérez Lorenzo foron determinantes na demanda interposta pola avogacía do Estado en 2019 e na sentenza do 2 de setembro de 2020 pola cal se dicta a sentenza histórica na que declara que o Estado é propietario do Pazo de Meirás e condena á familia Franco á devolución do inmóbel. Os datos que se recollen na obra fon vitais para a decisión final e a propia sentenza argumenta a súa resolución a partir de citas textuais da propia obra.