LIZ CASTRO PRESENTA NA GALIZA O SEU ÚLTIMO LIBRO MOLTS GRANETS DE SORRA

LIZ CASTRO PRESENTA NA GALIZA O SEU ÚLTIMO LIBRO MOLTS GRANETS DE SORRA

Entre os días 14 a 16 de marzo Liz Castro xornalista, escritora e redactora estadounidense afincada en Catalunya presentará na Galiza, en Coruña, Santiago de Compostela e Vigo o seu libro Molts granets de sorra que recolle unha ampla colección de imaxes e historias das actividades postas en marcha polo pobo catalán para gañar a independecia do seu país de maneira democrática e pacífica.
As datas e lugares da presentación:

14/03/2017 | 20h00.
Presentación do libro no espazo Portas Ártabras. Coruña
Participará a autora, Liz Castro e Francisco Jorquera, presidente da FGS.

15/03/2017 | 20h00
Presentación do libro na Libraría Lila de Lilith. Santiago de Compostela
Participará a autora, Liz Castro e Ana Miranda, vicepresidenta da FGS

16/03/2017 | 20h00
Presentación do libro na Libraría Andel. Vigo
Participará a autora, Liz Castro e Ana Miranda, vicepresidenta da FGS