Informe Tribunal de Contas sobre doazóns a fundacións

Informe Tribunal de Contas sobre doazóns a fundacións

O Tribunal de Contas español enviou ás Cortes o seu informe de fiscalización das doazóns a fundacións vinculadas a partidos políticos correspondente ao exercizo 2007. No caso de Galiza Sempre, vinculada ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), o Tribunal “estima” como doazóns as cantidades ingresadas pola fundación como “patrocinio” do Festigal sobre as que, sinala o informe, presentouse “diversa documentación xustificativa que permitíu verificar a realización de dita actividade”.

Galiza Sempre presenta anualmente como fundación de interese galego o seu orzamento e balance contable, a memoria de actividades e o plan de actuación no Protectorado exercido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A Lei orgánica 8/2007 introducíu por vez primeira a fiscalización polo Tribunal de Contas das doazóns.

O informe completo está publicado na web do Tribunal de Contas (FGS nas páxinas 312 a 314):
http://www.tcu.es/uploads/I933.pdf