Mar de Lumes, a BDS e a Fundación Galiza Sempre traen a Galiza o estreo do documental Fedayin, o combate de Georges Abdallah, o cal recolle a vida dun infatigábel comunista árabe que loitou pola liberación de Palestina.
O filme aborda a súa persoa desde os campos de refuxiados palestinos que axudaron a crear a súa conciencia ata as mobilizacións internacionais pola súa liberación. A través desta peza documental en versión orixinal e lexendada ao galego, descubriremos quen é o preso político máis antigo de Europa.
O filme poderá verse do 5 ao 8 de abril en Compostela, Ferrol, A Guarda e A Coruña
5 de abril ás 20h30 na Gentalha do Pichel
6 de abril ás 20 na Fundaçom Artábria
7 de abril ás 20 no C.S Fuscalho
8 de abril ás 19:30 na A.C Alexandre Bóveda