No #Festigal2018 tamén debatiremos sobre os dereitos dos pobos.
Acompañarannos:
Marga Do Val. Escritora e Profesora de Lingua e Literatura Galegas. Forma parte do Consello Asesor da Fundación Galiza Sempre.
Interveñen:
Ana Miranda. Eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego
Josu Juaristi. Secretario de Relacións Internacionais de EH-Bildu
Jordi Solé. Eurodeputado de Esquerra Republicana de Catalunya
Megan Fearon. Deputada do Sinn Féin na Asemblea de Irlanda do Norte e voceira de igualdade.
Falaremos do dereito a decidir dos pobos de Europa, da #democracia e #xustiza social.
Será na cuarta feira, 25 de xullo ás 19h00 na Galería das Letras do Festigal.