O sábado 13 de marzo constituiuse de forma oficial o Fórum Soberanista, un espazo que suma diferentes entidades ligadas ao movemento soberanista no Estado español desde 2017. Por mor das limitacións sanitarias a asemblea fundacional tivo lugar de forma telemática.
O Fórum Soberanista nace cos seguintes obxectivos:
a) A promoción e realización de actividades culturais destinadas a estudar e desenvolver o pensamento político, social, económico e cultural das diferentes nacións e pobos do estado, así como o desenvolvemento de iniciativas para a defensa efectiva das liberdades políticas, os valores republicanos. e o dereito a decidir dos pobos.
b) Difundir o pensamento político daquelas persoas e entidades que traballan para a consecución da soberanía das nacións, o progreso social e o afondamento da democracia, na perspectiva de lograr unha sociedade máis libre, máis xusta e máis solidaria.
c) Promover o coñecemento na sociedade da personalidade das nacións sen estado e da súa historia, promovendo o seu estudo e proxección pública.
d) Afondamento no coñecemento das realidades das nacións sen estado na súa dimensión política, cultural e económica.
e) Aumentar a formación política e a participación cidadá, afondar no debate político e impulsar a sensibilización e concienciación da sociedade sobre a realidade e os problemas das nacións, así como a visión do mundo desde unha perspectiva soberana.
f) Promover e difundir iniciativas de cambio e cooperación para contribuír á xustiza e á equidade nas relacións comerciais, políticas e estratéxicas entre os pobos da comunidade internacional.
O Fórum Soberanista dá este paso mentres está inmerso na Segunda edición da súa Escola Soberanista, esta vez en formato virtual. O éxito das escolas de formación, organizadas dende o inicio do proxecto, demostran que o compromiso con esta fórmula permite a articulación dun movemento inclusivo, participativo e interdisciplinar. O Foro aspira a poder influír na sociedade e trasladar os debates sobre a soberanía ás necesidades e requirimentos dun presente en crise e cambios constantes.
As entidades galegas que conformamos a día de hoxe o Fórum Soberniasta somos: Fundación Moncho Reboiras, Fundación Terra e Tempo, Fundación Galiza Sempre e Obradoiro de Ideas de Láncara.