CONSELLO ASESOR DA FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE

CONSELLO ASESOR DA FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE

A Fundación Galiza Sempre, presidida Francisco Jorquera, celebrou o sábado día 6 de maio a reunión para designar o seu Consello Asesor, a modo de comité de sabios e expertos que aportarán a súa experiencia e coñecementos a esta fundación vinculada ao BNG, que ten entre os seus obxectivos o fomento e a realización de actividades para o desenvolvemento do pensamento político, social, económico e cultural da Galiza.

O consello asesor está constituído por 14 persoas de recoñecido prestixio no eido da economía, política, sindicalismo, medio ambiente e cultura galega entre outras áreas: Encarna Otero, Quico Cadaval, María do Pilar García Negro, Xosé Dios, Manuel Soto, Elvira Souto, Olaia Fernández Davila, Marga Doval, Xesús Seixo, Manuel Mera, Antolín Alcántara, Ramón Varela, Xosé Díaz, Francisco Rodríguez.