Xavier Vence impartirá en Bruselas esta conferencia o vindeiro mércores 13 de novembro coorganizada co Centre Maurits Coppieters. Esta sesión pretende xerar o debate arredor da última publicación da Fundación Galiza Sempre e tamén do Centre Maurits Coppieters .
O traballo conxunto co CMC está precisamente na orixe desta publicación na que Xavier Vence, colaborador habitual da fundación, aborda algúns retos cruciais para Galiza, os galegos e as galegas, cando a crise desenmascara o capitalismo ultraliberal e as nacións sen estado emerxen para afirmar de vez o seu protagonismo e, se cadra, a alternativa que merece o noso vello continente.
Unha moi boa oportunidade para a análise e o debate en Bruselas
Consulta aquí o programa.