A Fundación Galiza Sempre expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Bautista Álvarez e traslada as súas condolencias a familiares, amigas e amigos e compañeiros e compañeiras de militancia de Bautista.
Bautista Álvarez pertencía, parafraseando a Bertolt Brecht, aos homes imprescindibles que loitan toda a vida. A súa traxectoria foi un exemplo de ética e de coherencia política e o seu contributo foi decisivo na construción do nacionalismo galego contemporáneo, tanto no eido organizativo como na conformación das súas análises e alternativas, dende as súas distintas responsabilidades como fundador e presidente da UPG e dirixente e deputado do BNG.
A Fundación Galiza Sempre expresa o seu convencemento de que permanecerá sempre na memoria e no corazón do pobo galego.
Acto de despedida, domingo 17 ás 18h no Centro de Interpretación do Castro. San Cibrao de Las, San Amaro.