Comezamos o 26 de marzo o ciclo Fagamos contas. 35 anos de autonomía, como nos foi? e seguiremos coas diferenes mesas temáticas durante todo o mes de abril.
Aquí tedes o programa completo do ciclo:
TERRITORIO E DEMOGRAFÍA
Xoves, 26 de marzo | 19h00 | Facultade de Xeografía e Historia (aula 3) | Universidade de Santiago de Compostela
Contidos: Estrutura provincial caduca e contraria á realidade galega. Ausencia de principios de ordenación territorial. Desequilibrios poboacionais internos. Lóxica urbanística da xestión do territorio. Problemáticas específicas da costa e do rural. Afundimento demográfico e causalidade económica do proceso. Avellentamento e despoboación do rural. Emigración xuvenil.
Presenta: Guillerme Vázquez Vázquez. Presidente da Fundación Galiza Sempre
María Dolores Puga González. Científica titular do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Sociais e Científicas (CSIC).
Rubén Lois. Catedrático de Análise Xeográfica Rexional e coordinador do GI-1871 (Grupo ANTE – Análise Territorial) da USC.
AUTOGOBERNO
Xoves, 9 de abril | 19h00 | Salón de graos da Facultade de Socioloxía. Universidade da Coruña
Contidos: Autonomía tutelada. Limitacións do desenvolvemento competencial. Ausencia de proxecto de país. “Rexionalización” de Galiza. Recentralización do Estado e papel da UE.
Presenta: Ana Luísa Bouza Santiago. Vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre
Carlos Aymerich. Profesor titular de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña.
Francisco Jorquera. Portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento Galego.
BENESTAR
Xoves, 16 de abril | 19h00 | Galería Sargadelos. Santiago de Compostela
Contidos: O financiamento do campo social. Situación dos sistemas públicos galegos da sanidade. A igualdade. A dependencia. O papel dos concellos como dispensadores de servizos sociais.
Presenta: Goretti Sanmartín Rei. Padroado da Fundación Galiza Sempre
Luísa González. Avogada do CIM de Ribadeo e presidenta do Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Luís Villares. Maxistrado e coordinador na Galiza de Xuíces para a Democracia.
ECONOMÍA E INDUSTRIA
Mércores, 22 de abril | 19h00 | Galería sargadelos. Ferrol
Contidos: Dependencia orzamentaria da Xunta e sometemento aos criterios de política económica de Bruxelas e Madrid. Ausencia de sector público galego e de axencia tributaria propia. Control e tutelaxe da UE e do BCE. Balanzas fiscais Galiza-España.
Presenta: Iván Rivas Rico. Candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Ferrol
Pepe Díaz. Especialista no sector naval, mercado de traballo, sector enerxético e fiscalidade. Foi deputado do BNG no Parlamento da Galiza
Carme Adán Villamarín. Deputada no Parlamento Galego polo BNG, portavoz na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
LINGUA E CULTURA
Martes, 28 de abril | 19h00 | Auditorio da biblioteca municipal. Carballo
Contidos: Evolución sociolingüística. Balance dos modelos impostos pola Xunta no ensino vs. “inmersión” lingüística. Situación do galego no resto de campos (económico, asociativo, mediático, mocidade, …). Eficacia do discurso do nacionalismo sobre a lingua. Febleza estrutural do sistema cultural galego. Políticas de fomento das diferentes dimensións da cultura. Ausencia de espazo galego de comunicación e cultura.
Presenta: Nel Vidal. Técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo. Presidente da Coordinadora de Traballadoras/es pola Normalización Lingüística.
Marta Dacosta. Escritora e profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio.
Marcos Maceira. Portavoz da Plataforma Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.