Acto de Presentación MEIRÁS. UN PAZO, UN CAUDILLO, UN ESPOLIO

Acto de Presentación MEIRÁS. UN PAZO, UN CAUDILLO, UN ESPOLIO

A Fundación Galiza Sempre presentará o vindeiro 28 de novembro, ás 20h00 no salón de actos da Fundación ONCE Coruña (rúa Cantón Grande, 3) o libro Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio.

Este traballo de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, editado por Galiza Sempre coa colaboración da Deputación da Coruña, documenta como o pazo foi adquirido para o dictador por medio de doazóns baixo coacción, descontos obrigatorios nos salarios de empregados públicos, expropiacións forzosas e malversación de fondos e recursos públicos.

No acto falarán:
Francisco Jorquera Caselas, presidente da Fundación Galiza Sempre
María Xosé Bravo SanJosé, presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, autores do libro
Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña.