“A nai como suxeito existe alí onde as mulleres como suxeitos non son”. Carme Adán

“A nai como suxeito existe alí onde as mulleres como suxeitos non son”. Carme Adán

Mulleres na casa e sen dereitos?
A Fundación Galiza Sempre debatíu o papel asignado ás mulleres nunha sociedade sen servizos públicos gratuítos e universais á que apuntan os recortes e as políticas ultraliberais aplicadas agora, co pretexto da crise, polos gobernos do Partido Popular na Xunta e Madrid.

Foi en xuño nun Seminario en torno ao futuro da paridade e os retos que as políticas igualitarias deben afrontar perante o rexurdimento de correntes de pensamento ultraconservadoras que reivindican o retorno das mulleres aos seus roles tradicionais.

Poñemos á vosa disposición unha breve escolma das opinións expresadas.
Carme Adán (BNG) Vicesecretaria do Parlamento galego e Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009: “A nai como suxeito existe alí onde as mulleres como suxeitos non son”

ENLACE 11: https://galizasempre.org/fundacion/novas/nai-suxeito-existe-ali-onde-mulleres-suxeitos-non-son-carme-adan