A defensa do galego no Foro Mundial de Educación

A defensa do galego no Foro Mundial de Educación

A Fundación Galiza Sempre (FGS) e CIG-Ensino denunciaron no Foro 2010 de Compostela entre especialistas e activistas educativos de todo o mundo as políticas regresivas que sufre o idioma galego. A mesa-redonda Vivirmos na propia lingua: un dereito dos pobos xuntou o 11 de decembro en Compostela Anxo Louzao da CIG; Carme Adán, deputada do BNG; Mª Pilar García Negro, profesora na Universidade da Coruña; Fran Rei de Queremos Galego; Xose Manuel Pereiro de GalegoLab; Xose Henrique Costas de Prolingua; Francisco Pillado, editor (Laiovento) e Teresa Moure, escritora. A iniciativa pretendeu amosar o amplo movemento social e cultural oposto á política lingüística do actual goberno conservador da Xunta de Galicia e foi recollida en diversos medios:

http://www.xornal.com/artigo/2010/12/12/politica/expertos-alertan-da-des…

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/xabier-macias-30-anos…