A crise evidencia o fracaso do modelo neoliberal | Fonoteca FGS

A crise evidencia o fracaso do modelo neoliberal | Fonoteca FGS

Xavier Vence denunciaba en decembro de 2008 o trasvase do burato negro do sector financeiro privado cara o sector público e as súas consecuencias [hoxe evidentes] para as contas dos estados, que deberían recadar no futuro, vía impostos, a débeda pública contraida polas enormes inxeccións de diñeiro adicadas a salvar o modelo neoliberal. Alertando da “continua redución dos salarios e ingresos dos traballadores, dos xubilados e dos que dependen de subsidios públicos”, da “cada vez maior distancia entre beneficios do capital e renda das familias e dos traballadores”, Vence diagnosticaba os riscos da “crise da economía real” e a irresponsabilidade dun goberno [daquela o do PSOE presidido por Zapatero] que gastaba enormes recursos públicos “simplemente para salvar os balances das entidades financeiras responsabeis do burato negro” dun capital ficticio que non respondía á creación de riqueza real.

Xavier Vence, Catedrático de Economía Aplicada na Universidade compostelá compartíu con Toni Doménech, Xabier Macías e Carme López Santamariña o debate sobre Crise e Neoliberalismo organizado en decembro de 2008 pola Fundación Galiza Sempre, a CIG e Altermundo no marco do Foro Social Galego. Galiza Sempre promoveu e compartíu tamén no mesmo Foro debates sobre Soberanía alimentaria, Renda Básica, a situación do galego ou a participación de Galiza como nación no proceso do FSM.

ENLACE 6: https://galizasempre.org/fundacion/novas/crise-evidencia-fracaso-do-modelo-neoliberal-fonoteca-fgs